A Mámoa do Rei, xunto co resto de bens patrimoniais do entorno do Lago de Castiñeiras, foi obxecto dunha actuación de conservación hai menos dun ano.
Obradoiro de iniciación ao cultivo de cogumelos
A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa organiza un curso de iniciación ao cultivo de cogumelos no sábado, 18 de xuño, ás 17h no local da Canteira de Paredes.
O obradoiro, que conta cunha parte teórica e outra práctica, será dirixido polo especialista Miguel Ángel Rodríguez Martínez e os participantes obterán as ferramentas necesarias para o cultivo de cogumelos á pequena escala.
O Lago de Castiñeiras luce a cara con novas especies
A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa levou a cabo no pasado fin de semana tarefas de conservación e plantación de novas especies no Parque do Lago de Castiñeiras.
Especies ornamentais e de valor botánico como moreiras brancas, árbores de Santo Outelo, abruñeiros ou nogueiras do xapón fan parte xa da paisaxe dun parque con vontade de xardín botánico.
A superficie de castiñeiro aumenta nun 230% nos Montes de San Martiño de Vi
A Comunidade de Montes reduciu nos últimos 12 anos a presencia de eucalipto nun 17%, aumentou nun 13 % o piñeiro do país e nun 230% foi incrementado o castiñeiro. Co novo proxecto de ordenación aprobado, no mapa futuro da parroquia o eucalipto descenderá até un 14% da superficie forestal, as frondosas autóctonas contarán cun 25% e dominará o piñeiro do país cun 50%.
O voluntariado axuda á erradicación do eucalipto nos Montes de Vilaboa
A eliminación do eucalipto foi o motivo dunha nova xornada de voluntariado organizada pola Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa. Os abrochos foron eliminados de forma manual e sen herbicidas nunha parcela de 1 hectárea que conta xa cunha plantación de castiñeiros.
Xornada de Eliminación de Eucalipto
Nova xornada de traballo para a eliminación de abrochos de eucalipto.
No próximo domingo día 21, procederemos á eliminación de abrochos de eucalipto nunha plantación de castiñeiros de variedades tradicionais para a produción de fruto.
Crónica da Xornada de Traballo
A Xornada de Traballo e Convivio Viciñal, do pasado día 4 de agosto, realizouse a pesar das condicións meteorolóxicas, pois todas as actividades foron atrasadas para a tarde.
Despois da comida en común na Casa do Lago, os dous grupos iniciaron as actividades. Mentres un grupo de 10 persoas se dirixiu á plantación de castiñeiros para realizar a poda, o outro de perto de 30 inauguraron o Roteiro das Mámoas.
Piano no Lago (de Marín)
Nos pasados días 27, 28 e 29 de xullo tivemos ocasión de asistir a un espectáculo dunha beleza a que non estamos acostumados, por varios motivos. Pola orixinalidade dun concerto flotante en que se mestura música de piano, voz e danza; polo palco, o escenario privilexiado imposible de reproducir no auditorios das grandes cidades: o Lago de Castiñeiras; e, como non, polo técnico de iluminación, Lourenzo, que nos obsequiou con fotografías nas horas dourada e azul.
Xornada de Traballo Comunal e Convivio Viciñal
O próximo día 4 de agosto terá lugar a “Xornada de Traballo Comunal e Convivio Viciñal” que ten como obxectivo realizar unha poda de formación de castiñeiros en monte comunal e inaugurar o Roteiro das Mamoas, coa colaboración da ANPA CPI Toural.
A Comunidade aproba anteproxecto de Tanatorio
Os comuneiros e comuneiras de San Martiño de Vilaboa veñen de aprobar por unanimidade o anteproxecto para a construción do Tanatorio de Vilaboa na Asemblea Xeral da Comunidade de Montes celabrada no pasado domingo 27 de xuño.