O próximo día 4 de febreiro terá lugar unha nova Xornada de Traballo Comunal co obxectivo realizar unha poda de formación de castiñeiros en monte comunal.

Ás 9h30 están convocadas na Mámoa do Rei todas as persoas que queiran colaborar na poda de castiñeiros, da man do enxeñeiro Rodrigo Porto. As persoas terán a posibilidade de aprender e pór en práctica as técnicas da poda de formación. Para isto contaremos con ferramenta adecuada e, no momento da inscrición, daranse máis detalles.

Esta será a segunda ocasión en que se actúa nesta plantación, anteriormente podada noutra xornada de traballo en 2021. Portanto, será unha poda de mantemento para a produción de madeira.

Ao finalizar, na Casa do Lago, contaremos con petiscos para todas as persoas participantes.

Animamos a toda a viciñanza a participar, desfrutar do monte e do convivio entre veciños. As persoas interesadas deberán INSCRIBIRSE até o día 1 de febreiro no correo montesvilaboa@gmail.com ou no teléfono 654700664.