O Monte Veciñal en Man Común (M.V.M.C.) de Vilaboa, Concello de Vilaboa, foi clasificado como tal o 11 de Decembro de 1.981 a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vilaboa, concello de Vilaboa, con C.I.F. V-36.122.158, polo Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, e publicada devandita resolución no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e considerada firme ó non presentarse contra a mesma recurso algún no prazo establecido.
Na resolución de Clasificación do Xurado Provincial de Montes Veciñais de Pontevedra, a superficie clasificada é de 374 has.
Os seus límites, segundo devandita clasificación, son os seguintes:
Norte: Termo municipal de Pontevedra e Figueirido. Este: Termo de Pontevedra e Ría de Vigo. Sur:Termo parroquial de Santa Cristina de Cobres. Oeste: Termo municipal de Marín.
Segundo a clasificación o monte está dividido en dúas parcelas:
Parcela: “Castiñeira Valada, Postimirón e Chan da Cruz” Cabida: 356 has.
Límites: Norte: Termo municipal de Pontevedra. Este: Parroquia de Bértola. Sur: Fincas particulares e parroquia de Sta. Cristina. Oeste: Termo municipal de Marín.
Parcela: “Da Costa” Cabida: 18 has.
Límites: Norte: Parroquia de Bértola. Este: Termo municipal de Pontevedra. Sur: Fincas particulares. Oeste: Ídem.
Nota: Sen embargo, na planimetría aparece outra parcela “Do Pinto”, sendo coincidente a superficie das tres parcelas coas 374 has. clasificadas na resolución, polo que entendemos que esta parcela está clasificada, pero na descrición omitírona por erro.