Skip to main content

Crónica da Xornada de Traballo

miradoiro da taoira

A Xornada de Traballo e Convivio Viciñal, do pasado día 4 de agosto, realizouse a pesar das condicións meteorolóxicas, pois todas as actividades foron atrasadas para a tarde.

Despois da comida en común na Casa do Lago, os dous grupos iniciaron as actividades. Mentres un grupo de 10 persoas se dirixiu á plantación de castiñeiros para realizar a poda, o outro de perto de 30 inauguraron o Roteiro das Mámoas.

Concurso para a cesión dos terreos do Tanatorio de Vilaboa

Dende a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa estamos poñéndonos en contacto con distintas empresas do sector funerario, para presentarlles as bases do concurso para a cesión dos terreos onde se construirá o futuro tanatorio de Vilaboa.   Dito terreo tería unha superficie de 4500m2 que serian destinados o edificio do tanatorio e […]

Seguimos pondo en valor o Lago de Castiñeiras

Limpeza e conservación do Lago de Castiñeiras Dende esta comunidade queremos por en coñecemento de todos o veciños da contorna que dende a comunidade se están facendo labores de limpeza, poda e conservación con medios propios, dos terreos que temos no Lago de Castiñeiras. Estes terreos están cedidos a Xunta de Galicia a través dun […]