A Xornada de Traballo e Convivio Viciñal, do pasado día 4 de agosto, realizouse a pesar das condicións meteorolóxicas, pois todas as actividades foron atrasadas para a tarde.
Despois da comida en común na Casa do Lago, os dous grupos iniciaron as actividades. Mentres un grupo de 10 persoas se dirixiu á plantación de castiñeiros para realizar a poda, o outro de perto de 30 inauguraron o Roteiro das Mámoas.
Roteiro das Mámoas
O arqueólogo Benito Vilas, da cooperativa Árbore Arqueoloxía, acompañou os miúdos e graúdos no percorrido que comeza cun importante aliñamento de mámoas na Chan de Castiñeiras. Tamén visitamos os petróglifos de Pepito Meijón, un neopetroglifeiro do século XX con bastante actividade canteira na zona e, como non, a Mámoa do Rei.
Posteriormente, fomos á Mámoa dos Asubións, peculiar por non estar aliñada aparentemente con ningunha outra, e dalí, cun pequeno desvío do traxecto, até o Miradoira da Taoira, onde podemos observar unha maravillosa panorámica da Ria de Vigo. A continuación, pasamos por diversas plantacións, unhas vellas de piñeiro e eucalipto, que irán sendo mudadas ao longos dos próximos anos, e outras novas de castiñeiro micorrizado para produción de madeira e cogumelos.
Foi aquí que nos encontramos cos voluntarios e voluntarias que estaban a podar este tipo de castiñeiros. Ao lado desa plantación, outra de castiñeiros inxertados con variedades tradicionais, unha aposta máis recente da Comunidade, para a produción de fruto. Dalí, dirixímonos outra vez para o punto de saída e até a Casa do Lago para unha merecida merenda.
Poda de castiñeiros
O enxeñeiro Rodrigo Porto ensinounos as características deste tipo de poda de formación, que tipo de ramas seleccionar e como realizar os cortes. E así comezamos a poda que durou toda a tarde nunha plantación de 2 hectáreas de modo integralmente voluntario.
Traballo comunal
Esta non é a primeira vez que se realiza un traballo de tipo voluntario na Comunidade de Montes, de feito, anteriormente, xa se realizaron dúas intervencións de retirada de abrochos de eucalipto, para realizar dúas plantacións de castiñeiro tradicional para fruto. Plantación tamén realizada coa axuda das viciños e viciñas. Estas iniciativas, que pretende o relacionamento dos comuneiros e comuneiras entre sí e co monte, están a ser un éxito, non só porque o resultado dos traballos costuman ser mellores que os encargados, senón tamén pola satisfacción das propias persoas.
[…] será a segunda ocasión en que se actúa nesta plantación, anteriormente podada noutra xornada de traballo en 2021. Portanto, será unha poda de mantemento para a produción de […]
[…] será a segunda ocasión en que se actúa nesta plantación, anteriormente podada noutra xornada de traballo en 2021. Portanto, será unha poda de mantemento para a produción de […]