Este vindeiro xoves 19 de marzo as comunidades de montes veciñais en man común de Santo Tomé de Piñeiro e San Xulián pertencentes ao concello de Marín e Santa Cristina de Cobres e San Martiño pertencentes ao concello de Vilaboa, promotoras da Fundación Lago Castiñeiras – Cotorredondo farán a presentación pública do proxecto técnico do arboretum e xardín botánico.
A presentación farase na aula da natureza existente no parque de Castiñeiras a partires das doce da mañá. Este acto vai estar precedido por unha visita de escolares do colexio do Toural (Vilaboa) ao propio enclave para a celebración dunha actividade medioambiental enmarcada na celebración do día mundial da árbore.
O proxecto baséase na creación dun arboretum de máis de 74 hectáreas con especies representativas de todo o mundo que rodea un xardín botáncio de máis de 13 hectáreas, o primeiro de Galicia.
O padroado xestor inicia así unha campaña de promoción e difusión dos obxectivos da Fundación entre os escolares das parroquias pertencentes ás comunidades de montes que a integran. Ao longo das vindeiras semanas o responsable técnico e membros do padroado xestor iniciarán un ciclo de charlas polos colexios dos dous concellos para expor o proxecto que pretende pór en valor o enorme potencial social e medioambiental do entorno de Castiñeiras- Cotorredondo.
Esta iniciativa que irá acompañada doutras levaranse a cabo unha vez que se rematou a fase de redacción do proxecto técnico e a memoria administrativa e se solicitou a incorporación da administración galega (Xunta de Galicia) e provincial (Deputación) ao padroado da Fundación. Tanto os concellos de Marín como o de Vilaboa xa aprobaron en pleno a súa integración.
Daniel Rosales
Presidente do Padroado Xestor
A Fundación Lago Castiñeiras – Cotorredondo é unha iniciativa das Comunidades de Montes de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa), Santo Tomé de Piñeiro (Marín), San Martiño de Vilaboa e San Xulián de Marín
Sem comentários ainda