logo fundacion

XORNADAS DE EDUCACIÓN AMBIENTAL NAS ESCOLAS DO ENTORNO DE INFLUENCIA DA FUNDACIÓN LAGO DE CASTIÑEIRAS-COTORREDONDO

INFANTIL

“Marabillas do mundo vexetal”

Mediante medios audiovisuais e plantas vivas mostraráselle os nenos algunhas

curiosidades do mundo vexetal

-Árbores máis altas.

-Árbores máis gordas.

-Árbore máis vella

-Historias curiosas sobre o mundo vexetal.

-Plantas carnívoras.

-Plantas parásitas.

O principal obxectivo das charlas será poñer o alcance dos máis cativos as ferramentas

necesarias para descubrir o mundo das plantas a través do contacto directo coas

mesmas.

 

 

1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

“Usos das plantas”

Mediante sinxelas explicacións e apoio de material audiovisual e plantas vivas

describiranse as partes das plantas, resaltando a súa importancia no planeta,

interaccións co ser humano e as súas aplicacións.

-Plantas comestibles.

-Plantas mediciñais.

-Plantas textiles.

-Plantas tintureiras.

-Plantas medereiras.

-Plantas melíferas.

 

Obxectivos xerais

-Recoñecer as plantas como seres vivos.

-Diferenciar e entender as distintas partes de unha planta.

-Observar a variabilidade do mundo vexetal.

-Inculcar respecto polo medio ambiente.

* Obxectivos específicos

-Coñecer e comprender a importancia das plantas na Terra e a súa estreita relación co

ser humano.

 

3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

“As adaptacións das plantas”

Con unha pequena introducción falarase da diversidade de hábitats presentes no

planeta e a necesidade dos seres vivos por adaptarse aos inconvenientes de cada

zona. Falarase das estratexias desenvolvidas ao longo de millóns de anos de evolución.

-Plantas crasas.

-Plantas carnívoras.

-Plantas trepadoras.

-Plantas acuáticas.

-Plantas de folla caduca.

 

 

Obxectivos xerais

-Recoñecer as plantas como seres vivos.

-Diferenciar e entender as distintas partes de unha planta.

-Observar a variabilidade do mundo vexetal.

-Inculcar respecto polo medio ambiente.

* Obxectivos específicos

-Observar e comprender os distintos tipos de adaptacións ao medio.

-Achegar o concepto de bodiversidade baseándose nos distintos tipos morfolóxicos das

plantas.

 

5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

“Bosques do mundo”

Mediante unha presentación en power point e apoio de material vexetal explicaranse

os principais biomas do planeta, facendo referencia aos tipos de bosques presentes en

cada un.

-Bosques Mediterráneos

-Bosques de coníferas.

-Bosques tropicais.

-Laurisilvas.

 

 

Obxectivos xerais

-Recoñecer as plantas como seres vivos.

-Diferenciar e entender as distintas partes de unha planta.

-Observar a variabilidade do mundo vexetal.

-Inculcar respecto polo medio ambiente.

* Obxectivos específicos

-Coñecer os distintos tipos de biomas presentes no planeta e comprender as principais

diferencias entre eles.

 

OUTROS ELEMENTOS DE INTERESE

Para dar a coñecer de forma integral os recursos presentes no espazo xestionado pola

fundación tamén serán tratados temas como:

 

* Patrimonio arqueolóxico: Explicando a importancia e valor da necrópole do Lago de

Castiñeiras, formada por:

-Mámoa I do Chan de Castiñeiras

-Mámoa II do Chan de Castiñeiras

-Mámoa III do Chan de Castiñeiras

-Cista no Chan de Castiñeiras

-Mámoa do Rei

-Mámoa VI do Chan de Castiñeiras

-Mámoa de Pedralonga

 

* Fauna: Ademais da vexetación e o patrimonio histórico, outro dos principais valores do

espazo é a gran diversidade faunística que alberga. Este recurso vai a ser presentado

como outro dos elementos de maior interese.

-Aves (con perto de 100 especies catalogadas)

-Anfibios e réptiles (con 22 especies catalogadas)

-Mamíferos (5 especies catalogadas)

 

 

* Cogumelos: A gran diversidade micolóxica presente no espazo, así como a

importancia dos fungos nos ecosistemas forestais, fan da micoloxía un recurso educativo

moi interesante.

Nas presentacións deseñadas para os distintos rangos de idades estarán integrados

tanto os elementos de interese histórico como a fauna e a micoloxía, xa que o

coñecemento integral do espazo contribuirá a despertar o interese e a curiosidade nos

máis cativos.

 

“Para amar algo, hai que conecelo; para coñecelo, debe ser mostrado”

 

A Fundación Lago Castiñeiras – Cotorredondo é  unha iniciativa das Comunidades de Montes de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa), Santo Tomé de Piñeiro (Marín), San Martiño de Vilaboa  e San Xulián de Marín