Dende a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa estamos poñéndonos en contacto con distintas empresas do sector funerario, para presentarlles as bases do concurso para a cesión dos terreos onde se construirá o futuro tanatorio de Vilaboa.

 

Dito terreo tería unha superficie de 4500m2 que serian destinados o edificio do tanatorio e aparcadoiro, esta a carón do actual cemiterio de Vilaboa e lindando coa Nacional 554.

O terreo figura no PXOM de Vilaboa indicado para servicios funerarios.

As empresas que estean interasadas enviaraselle unhas bases onde se estipularan os criterios da cesión, cada empresa tera que presentar un proxecto para a construcción do tanatorio, e en asamblea de comuneiros seleccionarase o proxecto final.

Esperamos que nos vindeiros dias as empresas interesadas se poñan en contacto coa Xunta reitora.