Álvaro Bueno (centro) acompañado polo Presidente da Fundación Daniel Rosales (dereita) e o Enxeñeiro Gaspar Bernárdez (esquerda) durante a súa visita o Lago de Castiñeiras.

Álvaro Bueno (centro) acompañado polo Presidente da Fundación Daniel Rosales
(dereita) e o Enxeñeiro Gaspar Bernárdez (esquerda) durante a súa visita o Lago de Castiñeiras.

Esta semana visitou o espazo Lago de Castiñeiras-Cotorredondo o Conservador (Horti Curator) do Jardín Botánico Atlántico de Gijón, Álvaro Bueno Sánchez, que exerce ademais como Presidente da Asociación Ibero-Macaronésica de Jardines Botánicos para coñecer de primeira man o Proxecto do Xardín Botánico e Arboreto deseñado para ese enclave.

Desde os comezos do proxecto, a finais de 2014, o Dr. Bueno atendeu amablemente cantas dúbidas lle foron plantexadas sobre a creación e funcionamento de un xardín botánico. Meses máis tarde, a comezos de 2015 foille entregada unha copia do Plan Director, polo que enviou os seus parabéns, desde entón, a súa visita era cuestión de tempo.

Durante o día, quedou abraiado pola beleza do lugar, a diversidade de árbores e sobre todopolo grado de desenvolvemento dos mesmos. “O potencial desde espazo é incrible”, así calificaba o que miraba cada vez que descubriamos algo novo. É certo que é difícil atopar espazos como este, con esa diversidade de árbores tan desenvolvidos; piñeiros mexicanos, araucarias do Brasil, abetos de Oregón, cipreses dos pantanos, tulipeiros de Virxinia….

Despois de coñecer tódalas marabillas do Lago de Castiñeiras-Cotorredondo que é posibleamosar nun día, animounos a seguir traballando neste fermoso proxecto e a formar parte da Asociación Ibero-Macaronésica de Jardines Botánicos porque, segundo as súas palabras “non pode ser que Galicia non teña un xardín botánico” e que este proxecto “ten tódolos elementos para ser o primeiro”.

Esperemos que, por fin, os nosos politicos tomen nota e se fagan eco destas palabras, pronunciadas por unha das persoas con máis coñecemento neste tema de España e Portugal.