NOTA DE PRENSA DA CMVMC DE SAN MARTIÑO DE VILABOA:
Con data 16 de novembro de 2001 asinouse un convenio entre a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa e a Consellería de Medio Ambiente, que ten por obxecto a zona do Parque “Castiñeiras e a casa-refuxio situada na marxe do Lago. Neste Convenio se estableceron unha serie de obrigas e deberes para a Consellería, entre elas o “axeitamento e conservación como área de uso público” dos terreos conveniados.
Ante o incumprimento destas obrigas por parte da Consellería, a CMVMC de San Martiño de Vilaboa presentou a correspondiente queixa no mes de Xaneiro deste ano e, tras a correspondente reunión nas instalaciones da Consellería entre ámbalas dúas partes, quedaron de facer un recoñecemento das deficiencias existentes sobre o propio terreo.
Pois ben a visita a zona do Parque Castiñeiras correspondente ó monte vecinal de San Martiño de Vilaboa tivo lugar o día 12 de maio do corrente, asistindo, a parte dos representates desa Comunidade, Dona Susana Torres Bravo, que é a Xefa de Área de Biodiversidade da Consellería de Medio Ambiente, detectándose durante a inspección as seguintes deficienciencias mais salientables:
1º.- Existencia de varios abedules dañados y secos no entorno do lago, que é preciso cortar fundamentalmente polo risco que pode suponer a súa caída para a integridade física dos visitantes do Parque.
2º.- Necesidade de reparar as balaustradas no perímetro do monte obxecto de convenio e tamén reparar ou susituir as entradas ó perímetro que tamén están danadas.
3º.- Reparación e acondicionamento dos baños públicos que están en un pésimo estado.
4º.- Limpeza e poda dos árbores do monte conveniado.
5º.- Limpeza da “Mamoa do Rei” que está cheaa de matorral.
6º.- Sinalización na zona do Lago con carteis indicativos da localización das Mámoas, Baños públicos, Kioskos e demáis puntos de interese.
7º.- Reparación das casetas de madeira que albergan os contedores de lixo.
8º.-Reparación das fugas de agua do muro de contención do propio lago.
A Xunta Rectora da CMVMC de San Martiño de Vilaboa vai esperar un tempo prudencial para ver se a Consellería de Medio Ambiente acomete as reparacións das deficiencias comprobadas in situ sobre o propio parque Castiñeiras, noutro caso non lle quedará outro remedio que esixir o seu cumprimento pola vía xudicial.
Sem comentários ainda