A LIMPEZA DO MONTE SIN GLIFOSATO E POSIBLE

A nosa comunidade creé que a limpeza do monte sin usar glifosato e posible, o único que hai que ter e gañas de invertir no monte o que se saca da madeira que se corta.

Dende a comunidade de montes fixose unha limpeza dunha parcela de 20Hec que estaba con eucalipto, despois da corta das arbores os poucos meses os tocons xa empezaron a brotar, a erradicación destes brotes fixose unha parte de forma mecánica, con un tractor con fresa de martillos, co cual se eliminaron os brotes e tamen os tocons das plantas anteriores, outra parte da parcela de mais difícil acceso, a limpeza fixose de xeito manual, eliminando os abrochos, cabe destacar que en ningún momento a Comunidade usou productos químicos cama o coñecido glifosato, xa que somos conscientes do perigo que entraña para o propio monte e tamen para as traídas de auga que beben do noso monte.

O custo total desta limpeza superou os 15.000 €,  e sabemos que durante os próximos tres anos teremos que estar encima dos abrochos de eucalipto que seguirán saindo, e nos iremolos retirando con traballos manuais.


Esta comunidade e sabedora de que si usaramos productos químicos ocusto seria inferior, pero a larga acabariamolo pagando.

A nosa intención e intentar aproveitar o monte pero sen danalo nin estragalo.