Xa fai tempo que vimos falando cun veciño de Paredes que ten unhas cabras, as cales estan estropeando e botando a baixo unha bonita plantación de castiñeiros. Por falta de falar co el non será pero e intolerable que a xente teña animais os solte no monte pero non se faga cargo dos danos que estos animais ocasionan. A nos non nos molestan as cabras no monte, pero coa actitude deste veciño imos quedar sen estes castiñeiros en Paredes, xa que a cabra non so come as follas, senon que tamen lle roe a corteza, e si esto pasa demasiado o castiñeiro termina por secar e morrer.

Os cartos cos que se fai esta plantación son de todos os comuneiros de San Martiño de Vilaboa, e non sae barato plantar e facer que calquer parcela chegue a ter castiñeiros maduros e grandes para que a zona quede tamen bonita e agradable para o uso dos veciños.

Pedimos a calquer veciño que vexa animais ou persoas facendo dano o noso monte que se poña en contacto con nos para informarnos e poder tomar medidas contra quen non coida nin manten o noso monte comunal.