A comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa dispón dunha superficie de 374Hectareas, das cales 25 Ha, esta conveniadas coa Xunta de Galicia, en concreto coa Consellería de Medio Ambiente, na zona do Lago Castiñeiras, para mais exactitude, practicamente a metade do Lago de Castiñeiras pertence os comuneiros de San Martiño de Vilaboa e é aquí onde radican as nosas reclamacións e queixas, que temos cotra a Consellería de Medio Ambiente, e por ende, coa Xunta de Galicia.

Para comenzar e por a todos en antecedentes, diremos que fai tempo que a Consellería, ou mellor dito a Xunta de Galicia, non fixo ningún tipo de inversión no Lago de Castiñeiras nin na súa contorna, e menos nas 25 Ha que temos un convenio firmado e en vigor dende o 16 de Novembro de 2001. Sendo extrictamente sinceros, hai que recoñecer que algo gastaron, uns 70.000€, que foron malgastados nuns camiños de zahorra compactada, que debido a falta de previsión por parte de quen fixo os proxectos, coas primeiras choivas, a zahorra marchou toda para o rio que abastece o Lago de Castiñeiras, xa que non contemplaron a posibilidade de facer unhas tageas, canalizacións para recoller a auga, ou polo menos darlle unha pequena inclinacion a ditas pistas, para que a auga correse cara un lado, e nunca fose percorrendo toda a pista.

Dende a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa levamos enviadas varias cartas e escritos dirixidos a Xunta de Galicia, reclamando as actuacións pertinentes para o mantemento de Castiñeiras, e ata a data de hoxe non recibimos ningún tipo de contestacións a estas reclamacións.

Por mencionar algunhas destas:
1) O peche do perímetro que delimita a zona recreativa e que impide a entrada de Vehículos e de animais, esta feita en madeira, como nunca se fixo ningún tipo de mantemento a maioría esta todo no chan e coas puntas metálicas e oxidadas a vista, con conseguinte perigo que isto supón para as persoas que visitan o parque.

 

 

 

2) Hai uns servizos/aseos, que nunca foron inaugurados, estan as portas rotas e cheos de lixo, incluso nalgunha ocasión ten durmido neles xente.

3) Si se visita o Lago, pode verse como as 25 Ha están completamente cheas de maleza, e sin un mínimo de mantemento, tamén vemos necesaria unha poda en todo o arborado, tanto de castiñeiros coma de outras especies, e sobre todo as arbores mais vellas, que sempre teñen algunha rama que pode estar en mal estado e pode ocasionar algún accidente, xa que esta zona e moi recurrida por excursións de nenos e visitantes. Cada vez resulta mais difícil o uso recreativo deste espazo que no seu tempo foi tan aproveitado por centos de visitantes.

 

4) O Lago de Castiñeiras, como moitos saben e un lago artificial creado para o abastecemento de auga en caso de incendio, o que nos parece incrible e que por parte da Xunta de Galicia non se faga caso durante os últimos anos, e iso que se ven avisando das filtracións que ten a parede frontal do Lago e que provocan que este quede sen auga na temporada de verán, que entendemos que é cando mais pode facer falta esta auga, xa que todos sabemos que na nosa zona e moi alto o risco de incendio.

 

Esta lista de inactuacions durante tantos anos, pode ser interminable.

Vilaboa comparte o Lago con Marín, pero nos ultimamente sentimonos esquecidos, ou mais ven marxinados pola Xunta de Galicia, posto que o 28 de Xuño de 2016 solicitamos a autorización para construír dous asadeiros con catro barbacoas cada un, presentando o correspondente proxecto, e ata o de agora inda non temos contestación por parte da Xunta, a nosa idea inicial é que o finanzamento dos asadeiros fose por parte da Comunidade de Montes, cun investimento aproximado de 20.000€.

Cando esta Xunta Reitora chegou a comunidade de montes, fai disto 3 anos, o primeiro que se pediu foi unha entrevista co Sr. Pablo Caballero Javierre, Xefe de servizo da conservación da Natureza, tratamos o tema do convenio, e nos comentou que ía tratar de ir facendo cousas, reparando o peche e facendo limpezas, pero o tempo nos demostrou que disto, nada de nada. Fumos nos fai uns dous anos, que con fondos propios, limpiamos 6 ha, das 25ha que están dentro do espazo do Lago de Castilñeiras.

O ano pasado, veu a visitarnos, Don Manuel Francisco Gutierrez, Xefe de servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais, dando un paseo polo parque deuse conta das necesidades e carencias que ten a zona, tanto de limpeza coma de poda, el tamén e a persoa que tratou con nos o tema dos asadores, pero, nos inda non temos o permiso, pero na zona de Marín a Xunta xa autorizou a construción de dous asadeiros, por mediación do concello.

Tamén pedimos que nos recibira, Don José Manuel González González, Xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente e Conservación do Territorio, e ata a data non se decidiu a falar con nos. Entendemos que a Xunta non quere facer nada en Castiñeiras, por un lado está o centro de recuperación de fauna silvestre ubicado en Marín, e que vai ser trasladado a Cotobade, e por outro lado está a falta de mantemento de toda a zona e sobre todo nas 25 Ha que ten conveniadas coa nosa Comunidade de Montes, a Xunta esta obrigada a cuidar e manter a zona limpa, e tamén a presentar un plan de actuacións anual, detallando os investimentos na zona.

Con este escrito queremos que a opinión publica saiba mais cousas que nos ocorren nesta pequena comunidade de Montes, tan preto de Pontevedra e nunha zona tan turística como é o Lago de Castiñeiras. Esta e unha breve descrición da nosa situación no Lago de Castiñeiras, esperamos que a Xunta de Galicia se digne a falar con nos antes das próximas eleccións.