Hai veciños que seguen sin darlle o monte o valor que se merece, e pensan que poden esparcir as suas “merdas” xa que non ten outro nome, no medio do monte.

Neste caso tocoulle o aparcadoiro do cemiterio, onde algún sinvergoña tirou os restos de obra que se ven na foto, e seguramente o mesmo tipo tirou as pilas que ali atopamos e que xa retiramos e depositamos no sitio correspondente.

A Comunidade De Montes de Vilaboa tivo que gastar cartos do monte e que se poderian destinar o outros fins.

Pola nosa parte só nos queda pedir a colaboración da veciñanza e si alguien saben que puido facer este vertido, ou se alguen ve a quen anda tirando escombros no monte comunal, que se poña en contacto con nos en montesvilaboa@gmail.com.

Despois extrañamonos se o monte arde sen control, se os propios veciños o usan como vertedeiro.