O proxecto de Tanatorio para Vilaboa está a punto de superar a última fase administrativa coa publicación no Diario Oficial de Galicia o anuncio de convenio entre a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa e o Concello de Vilaboa para a modificación puntual do seu PXOM.
You are browsing archives for
Etiqueta: Asemblea
Asemblea Xeral – 17 de decembro
A XUNTA REITORA DA COMUNIDADE DE MONTES DE SAN MARTIÑO DE VILABOA Convócao á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no ximnasio do CPI do Toural no domingo 17de decembro de 2023 ás 9h da mañá en primeira convocatoria e ás 11h en segunda convocatoria.
Asemblea Xeral – 21 de maio
A XUNTA REITORA DA COMUNIDADE DE MONTES DE SAN MARTIÑO DE VILABOA
Convócao á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no ximnasio do CPI do Toural no domingo 21 de maio de 2023 ás 9h da mañá en primeira convocatoria e ás 11h en segunda convocatoria.
Comuneiros de Vilaboa pronúncianse unanimemente contra os macroeólicos no M
A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa adoptou, na súa Asemblea Xeral do día 18 de decembro, un acordo aprobado por unanimidade de posicionamento contra a instalación de parques eólicos no Morrazo e reclamou, no mesmo acordo, a eliminación da Área de Desenvolvemento Eólico do Morrazo como única vía para evitar a instalación de calquera parque no futuro.
Comuneiros dan por finalizada a última fase para a construción do Tanatorio
A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa ven de concluír a última fase dun longo proceso para a construción do Tanatorio de Vilaboa.
A superficie de castiñeiro aumenta nun 230% nos Montes de San Martiño de Vi
A Comunidade de Montes reduciu nos últimos 12 anos a presencia de eucalipto nun 17%, aumentou nun 13 % o piñeiro do país e nun 230% foi incrementado o castiñeiro. Co novo proxecto de ordenación aprobado, no mapa futuro da parroquia o eucalipto descenderá até un 14% da superficie forestal, as frondosas autóctonas contarán cun 25% e dominará o piñeiro do país cun 50%.
Asemblea Xeral Ordinaria 1-12-2019
Na Asemblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa celebrada o pasado Domingo dia 1 de Decembro de 2019. Con unha asistencia de 113 comuneiros, tomáronse vaias decisión importantes para a comunidade e para a Parroquia, entre elas as mais importantes son: Adquisición de varias parcelas que serán cedidas para […]
Asistencia Historica na Asamblea Extraordinaria
Bos dias Este domingo 16 de Decembro de 2018 fixemos unha Asamblea Extraordinaria na Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa, a Xunta Reitora quere dar as grazas a todos os comuneiros que asistiron a dita asamblea, xa que conseguiron algo que nos da forzas para seguir traballando, tivemos unha moi boa asistencia, xa […]
Asamblea Xeral Ordinaria 18-2-2018
A comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa, convoca a todos os seus comuneiros para o próximo Domingo dia 18 de Febreiro de 2018, a asamblea xeral ordinaria que terá lugar no Colexio CPI do Toural, as 9 horas en primeira convocatoria e as 11 horas en segunda. Dada a importancia dos temas a […]
Asemblea xeral Ordinaria
Asemblea Xeral Ordinaria da CMVMC San Martiño de Vilaboa. Unha boa participación, 94 comuneiros dos 169 censados. Actualizamos o censo e pasamos dos 392 os 169 comuneiros. Aprobouse por unanimidade formar parte da Mancomunidade Castiñeiras – Cotorredondo conxuntamente coas comunidades de montes de San Xulian, Santome e Santa Cristina de Cobres, co obxetivo de loitar […]