Boas.

Estes dias estiveronse facendo traballos en duas parcelas na entrada o Lago de Castiñeiras, concretamente son as parcelas que estan lindando co BAR da entrada e co Aparcadoiro deste mesmo BAR.

Estes traballos fanse por varios motivos, un deles e que hai moitos usuarios do BAR que chegan en cabalo, e prenden estes os castiñeiros e carballos que ali ten a comunidade de montes, e estes estan a sufrir por mor desto, xa que os cabalos estanos mordendo arrete abaixo e poden chegar a facer que seque estas arbores. Outro motivo e que moita xente que acude o BAR, non entra o Aparcadoiro pola sua entrada natural, senon que atravesan polo medio da nosa parcela, causando uns danos no terreo, xa que co paso continuo de vehículos vanse facendo regos e surcos que despois aproveita a auga para facer lameiras e pozas.

Outro punto importante foi tamen a retirada do formigon depositado onde estaba o antigo kiosko de Amelia, retornando asi o terreo o seu estado natural. Deixouse aberto o acceso que da para o Camiño Vello da Graña.

Tamen se aproveitou a ocasión para retirar un bó cacho de formigón que invadiu a parcela da Comunidade de Montes, cando o BAR fixo o Aparcadoiro, e tamen se reitrou un contenedor de escombros que algun desalmado enterrou na nosa parcela.

Na segunda fase procederase a cerrar ditas parcelas.