A comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa, colabora con outras tres comunidades de montes no proxecto da Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo, a traves da cal estanse a realizar unhas XORNADAS DE EDUCACIÓN AMBIENTAL NAS ESCOLAS DO ENTORNO.
O pasado 19 de Marzo, Nenos de 4ª da ESO do Colexio CPI Toural, que participan nesstas xorandas, subiron o Lago de Castiñeiras para coñecer de primeira man o entorno que os rodeaba.
O enxeñeiro forestal e do medio natural Gaspar Bernárdez, que é quen desenrrola as xornadas levou os rapaces polo fermoso entorno do Lago de Castiñeiras para explicarlle insitu cal e a natureza que os rodea e da cal son os futuros donos.
Como ben di Gaspar “Para amar algo, hai que conecelo; para coñecelo, debe ser mostrado”
Tamen se procedeu a plantar diversas arbores polo entorno do Lago.
A Fundación Lago Castiñeiras – Cotorredondo é unha iniciativa das Comunidades de Montes de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa), Santo Tomé de Piñeiro (Marín), San Martiño de Vilaboa e San Xulián de Marín
Sem comentários ainda