Dende a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa queremos por en coñecemento de todos os comuneiros e veciños de Vilaboa, a covardía de algún veciño, que se ampara na noite, e no anonimato, para facer pintadas pola parroquia, criticando a Comunidade de Montes. Estas pintadas foron feitas en bens de todos os veciños, como se pode observar nas fotos. O dano non llo estan facendo a Comunidade de Montes, fanllo o patrimonio social.

Queremos destacar que si esta persona tan cobarde ten alguna critica que facer a esta Comunidade de montes ten moitas maneiras de facer estas criticas dun modo razonable e con educación.  Nos reunimonos moitos martes a partir das 20:00 horas no local de montes, en Outeiro 14 (O Picho), e pode pasar por ali para falar con nos, sempre estamos dispostos a recibir e falar con calquera veciño ou comuneiro.

Tamen comentar que ten os medios de comunicación para facer visibles os motivos polos cales esta tan indignado coa Comunidade de Montes de Vilaboa para chegar a facer esas pintadas de noite e as agachadase de maneira moi covarde, nunha propiedade de todos os veciños de Vilaboa.

Dende a Comunidade de Montes imos a por estes feitos en coñecemento da Guardia Civil, para tentar que non volvan a pasar.