Memora Xustificativa aportada pola ANPA do CPI TOURAL EN VILABOA

FONDO SOLIDARIO APORTADO  POLA COMUNIDADE  DE MONTES DE VILABOA, SEGUNDO CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO ENTRE ESTA ENTIDADE E A ANPA DO CPI TOURAL EN VILABOA

CURSO 2015-2016

A presente memoria recolle as actuacións levadas a cabo co alumnado do CPI do Toural, grazas ao fondo solidario aportado pola Comunidade de Montes de Vilaboa á ANPA do CPI do Toural. Todos os beneficiarios e beneficiarias deste fondo solidario son alumnado e familias con escasos recursos económicos polo que, sen este fondo, non podería acceder a estes servizos e actividades. Actuacións:

  1. ASISTENCIA PSICOLÓXICA  GRATU(TA AO ALUMNADO  E FAMILIAS

Atención levada a cabo por unha psicóloga titulada, no propio centro educativo,fóra do horario escolar.

  • Duración de cada sesións: 2 horas
  • Prezo de cada sesión:40 euros
  • Número total de sesións: 13
  • Número de casos atendidos: 3
  • 1 alumna de primaria:Recibiu 9 sesións
  • 1alumno de ESO:recibiu 3 sesións
  • 1alumno de ESO:recibiu 1sesión

Custe total da intervención psicolóxica cos tres alumnos/as : 520 euros

 

  1. SUBVENCIÓN DUNHA PARTE DO CUSTO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Financiamento, a tres alumnas da ESO,  Dunha parte do custe da actividade programada polo Departamento de Educación Frsica, consistente nunha convivencia de tres días no albergue “El Cantú”, no pobo de Colombres en Cantabria,realizando actividades deportivas na natureza. Visita a Uanes, “Cuevas del Soplao”,  Parque Natural de Picos de Europa, Potes e actividades náuticas con monitores no Río Deva. O custe da actividade incluía a viaxe, aloxamento, comida, entrada ás covas de “El Soplao” e actividades náuticas con monitores.

Número de alumnos/as becados/as :3

Custe da actividade por alumno/a :185 euros

Aportación do fondo solidario ao custe da actividade : 340 euros

Dende a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa estamos moi satisfeitos da labor desempeñada pola ANPA, o CPI Toural de Vilaboa, e esperamos seguir colaborando con eles, nos vindeiros anos, para poder seguir axudando a estes alumnos e as suas familias.