A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa comenzamos os traballos na zona da Bareira, na parte alta de Vilaboa, para intentar erradicar o eucalipto nunha parcela de20 Hectareas.

Parte deste traballos faranse con sistemas mecanizados, pero outra parte tera que facerse manualmente, xa que a zona e de difícil acceso,  a intención e facer este traballo de erradicación do eucalipto sin ter que recurrir as sustancias coma o “glifosato”, ese seria o camiño doado, pero a nosa idea e tentar non tomar ese camiño.

A intención e recuperar esa zona para plantar Pino e Frondosas.