A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa denuncia dous novos vertidos de escombro no monte comunal localizados nas últimas semanas.

O primeiro vertido identificado está situado na subida ao Outeiro dos Asubións desde o Lago de Castiñeiras e é de grandes dimensións. O segundo, na Balada, no camiño do Outeiro a Cavada dos Carballos, tamén de grandes dimensións con abundante tarima.

A Comunidade xa presentou as correspondentes denuncias, revisará a información de fototrampeo e agradece a colaboración para identificar os responsables contactando connosco ou co Seprona.

Da mesma forma, a Comunidade de Montes fai un apelo á concienciación da sociedade, non só para o coidado do ambiente senon tamén para a correcta xestión de resíduos salientando que, condutas como esta implican un custo e unha responsabilidade que non nos corresponde aos comuneiros e comuneiras da Parroquia.