A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa despois de reclamar en reiteradas ocasions a Comselleria de Medio Abente e Ordenación do Territorio o cumprimento por parte desta do convenio asinado entre as duas partes e despois de haber falado fai un mes e medio cos responsables da Xunta, e comprometerse estes a realizar varios traballos de carácter urxente, de limpeza e coservación do terreo conveniado, Todo sigue igual,  e so realizaron un dos puntos que se lles reclamaba.

 

Unico punto cunprido pola Xunta

1º.- Existencia de varios abedules dañados y secos no entorno do lago, que é preciso cortar fundamentalmente polo risco que pode suponer a súa caída para a integridade física dos visitantes do Parque.

 

 Puntos que inda falta por cumprir

2º.- Necesidade de reparar as balaustradas no perímetro do monte obxecto de convenio e tamén reparar ou susituir as entradas ó perímetro que tamén están danadas. Este punto e un dos mais importantes dado o mal estado de gran parte das balaustradas que están moi deterioradas e a parte de dar moi mala imaxe tamen son un perigo, xa que en moitas partes a madeira esta rota e hai partes cortantes e puntas metálicas oxidadas que quedan en situación de perigo para os visitantes.(adxuntamos fotos)

3º.- Reparación e acondicionamento dos baños públicos que están en un pésimo estado.

4º.- Limpeza e poda dos árbores do monte conveniado.

5º.- Limpeza da “Mamoa do Rei” que está cheaa de matorral. Un dos elementos rupestres mais importantes de toda a comarca e esta nun claro estado de abandono e deixadez

6º.- Sinalización na zona do Lago con carteis indicativos da localización das Mámoas, Baños públicos, Kioskos e demáis puntos de interese. E unha pena que coa cantidade de Visitantes que nestas datas deciden acercarse na fin de semana o Lago de Castiñeiras e que non teñan un minimo de sinalizacion para poder moverse pola contorna.

7º.- Reparación das casetas de madeira que albergan os contedores de lixo.

8º.-Reparación das fugas de agua do muro de contención do propio lago.

 

Con data 16 de novembro de 2001 asinouse un convenio entre a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa e a Consellería de Medio Ambiente, que ten por obxecto a zona do Parque “Castiñeiras e a casa-refuxio situada na marxe do Lago. Neste Convenio se estableceron unha serie de obrigas e deberes para a Consellería, entre elas o “axeitamento e conservación como área de uso público” dos terreos conveniados.

Ante o incumprimento destas obrigas por parte da Consellería, e dado o estado de abandono actual que sofre o Lago de Castiñeiras a CMVMC de San Martiño de Vilaboa presentou a correspondiente queixa no mes de Xaneiro deste ano e outra nas mesma liña o 25 de maio de 2016.

Tras a correspondente reunión nas instalaciones da Consellería entre ámbalas dúas partes, quedaron de facer un recoñecemento das deficiencias existentes sobre o propio terreo, despois de haber visitado o Lago cos responsables e coa Xefa de Area, fai mes e medio, vemos que a Xunta de Galica segue sen facer un minimo de esforzó para manter o Lago de Castiñeiras en boas condicions para os visitantes e tamen por prevención, dado as datas nas que nos atopamos.

A Xunta Rectora da CMVMC de San Martiño de Vilaboa seguirá insistindo para que a Xunta de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente tome en serio o convenio firmado e realicen os traballos necesarios, de seguir asi a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa estudara tomar medidas legais para defender o Espazo Natural do Lago de Castiñeiras.