REPOBOACIÓNS FORESTAIS NO MONTE VECIÑAL EN MAN COMÚN DE VILABOA – INVERNO 2015/16
Un Total de 11897 Plantas en 17,17 Hectareas
REPOBOACIÓN CON CASTIÑEIRO
Lugar de A Balada
Superficie: 0,88 ha
Nº de árbores plantadas: 261
Plantaronse castiñeiros hibridos resistentes á tinta micorrizados con Boletus edulis productores de castañas de gran calibre para un aproveitamento da castaña, dos cogumelos e da madeira.
O marco de plantación foi de 6×6 metros
Tivo que se facer unha eliminación previa das cepas de eucalipto, mediante aplicación de glifosato.
Lugar de Pedra Miranda
Superficie: 2,6 ha
Nº de árbores plantadas: 69
Plantaronse castiñeiros hibridos resistentes á tinta micorrizados con Boletus edulis productores de castañas de gran calibre para un aproveitamento da castaña, dos cogumelos e da madeira.
Foron plantados espallados polo medio da plantación antiga onde quedaron claros sobre todo debido ó lume.
REPOBOACIÓN CON ROBLE AMERICANO
Lugar de Postemiron
Superficie: 2,00 ha
Nº de árbores plantadas: 382
Plantaronse robles americanos (Quercus rubra) micorrizados con Boletus edulis para un aproveitamento dos cogumelos e da madeira.
Plantaronse nos claros que deixaron ás árbores mortas na plantación orixinal. Estas baixas foron debidas sobre todo ó gando solto polo monte.
REPOBOACIÓN CON PIÑEIRO
Lugar de Os Asubións
Superficie: 3,94 ha
Especie: Pinus radiata
Nº de árbores plantadas: 4.376
Plantaronse piñeiros do oregón (Pinus radiata) micorrizados con Lactarius deliciosus (níscalos) e Boletus edulis para un aproveitamento dos cogumelos e da madeira. A porcentaxe de árbores micorrizadas foi do 50%.
O marco de plantación foi de 3,5×2,5 metros
Lugar de Os Asubións
Superficie: 2,00 ha
Especie: Pinus pinaster
Nº de árbores plantadas: 1.809
Plantaronse piñeiros do país (Pinus pinaster) micorrizados con Lactarius deliciosus (níscalos) e Boletus edulis para un aproveitamento dos cogumelos e da madeira. A porcentaxe de árbores micorrizadas foi do 50%.
O marco de plantación foi de 4×2,25 metros
Neste rodal existe unha mámoa que viña mal sinalizada nos planos de patrimonio polo que houbo que localizala e marcala para eviatr danala durante os traballos. Levouse a cabo a delimitación definitiva deste ben arqueolóxico para evitar danos en futuras actuacións na zona.
REPOBOACIÓN CON EUCALIPTO
Lugar de Os Asubións e Saramagoso
Superficie: 1,40 e 4,32 ha, en total 5,75 ha.
Especie: Eucalytus globulus
Nº de árbores plantadas: 5.000
Plantaronse eucaliptos (Eucalyptus globulus) de producción clonal (Clon Odiel).
O marco de plantación foi de 4×2,25 metros. No rodal de Os Asubións fixose plantación da parte do rodal onde o rexenerado natural era insuficiente polo que non sempre se cumpliu este marco de plantación.
Especie | Superficie | Nº plantas | Micorriza |
Castiñeiro (Castanea hibrida) | 3,48 ha | 330 | Boletus edulis |
Roble americano (Quercus rubra) | 2,00 ha | 382 | Boletus edulis |
Piñeiro (Pinus pinaster e Pinus radiata) | 5,94 ha | 6.185 | Boletus edulis e Lactarius deliciosus |
Eucalipto (Eucalyptus globulus) | 5,75 ha | 5.000 | — |
TOTAL | 17,17 ha | 11.897 |
Sem comentários ainda