Na Asemblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa celebrada o pasado Domingo dia 1 de Decembro de 2019.

Con unha asistencia de 113 comuneiros, tomáronse vaias decisión importantes para a comunidade e para a Parroquia, entre elas as mais importantes son:

Adquisición de varias parcelas que serán cedidas para a construción dun tanatorio, aprox. 2800m2, non descartando a posibilidade de mercar unha parcela mais. A principios de 2020 elaboraranse unhas bases para o concurso das empresas interesadas neste proxecto.

Saida da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa, do convenio coa Xunta de Galicia sobre a parcela de 20hec situada no Lago de Castiñeiras.

Se informou os comuneiros da plantación de 20Hec con 370 Robles Americanos, 1150 Castiñeiros Micorrizados, 14.300 pinos e 3300 pinos Micorrizados, 420 Cedros e 1050 Sequoias, anteriormente estas 20Hec estaban cheas de Eucaliptos, a erradicación destes tivo un custe aprox de 16.000, e inda non rematara ahí, xa que hai que seguir facendolle seguimento os abrochos, que seguen saíndo, e que imos controlando con traballo de forma manual.

Tamen se informou os asistentes da construcción de un asador (4 asadores no seu interior) no Lago de Castiñeiras, se vai poder asar durante todo o veran, excepto cando a Xunta de Galicia declare alerta Vermella.

O rematar a Asemblea sorteáronse entre os comuneiros asistentes 5 Cestas de Nadal.