Dende a CMVMC de San Martiño de Vilaboa, vimos de reunirnos coa ANPA Toural do CPI do Toural, a cal nos fixo unha solicitude dunha achega economica para axudar a alumnos do CPI do Toural que pertenzan a Familias en risco de exclusión.
Dende a Xunta Reitora da CMVMC de San Martilo de Vilaboa creemos que nestes tempos de crise hai que intentar axudar os mais desfavorecidos, polo tanto imos facer unha transferencia de 1.000€ para a ANPA Toural que en colcaboracion coa Direccion do CPI do Toural e Con Servicios Sociais do Concello de Vilabo, decidiran a que alumnos se lles conceden as axudas.
Segun nos informou a AMPA Toural, as Achegas seran moi variadas:
• Pagar comedor e actividades estrascolares
• Para mercar libros ou material escolar
• Para axudar coas cotas das excursions
Dende a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa esperemos que con esta pequena aportacion, alguns alumnos pertencentes a familias en risco de exclusión poidan disfrutar do ensino publico igual que o resto do alumnado.
Sem comentários ainda