A Comunidade de Montes de Vilaboa fai público o aluguer do Quiosco do Lago de Castiñeiras.
Posts tagged Lago Castiñeiras
Piano no Lago (de Marín)
Nos pasados días 27, 28 e 29 de xullo tivemos ocasión de asistir a un espectáculo dunha beleza a que non estamos acostumados, por varios motivos. Pola orixinalidade dun concerto flotante en que se mestura música de piano, voz e danza; polo palco, o escenario privilexiado imposible de reproducir no auditorios das grandes cidades: o Lago de Castiñeiras; e, como non, polo técnico de iluminación, Lourenzo, que nos obsequiou con fotografías nas horas dourada e azul.
Pondo en valor o noso Patrimonio
Posta en valor do patrimonio Onte asinamos un convenio de colaboración có Concello de Vilaboa para poñer en marcha un Roteiro das Mámoas que nos permita sinalizar, poñer en valor e conservar os nosos elementos patrimoniais. A intención é facer é sinlizar un roteiro no monte que percorra as mámoas de San Martiño, mámoa dos […]
Asemblea Xeral Ordinaria 1-12-2019
Na Asemblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa celebrada o pasado Domingo dia 1 de Decembro de 2019. Con unha asistencia de 113 comuneiros, tomáronse vaias decisión importantes para a comunidade e para a Parroquia, entre elas as mais importantes son: Adquisición de varias parcelas que serán cedidas para […]
Seguimos pondo en valor o Lago de Castiñeiras
Limpeza e conservación do Lago de Castiñeiras Dende esta comunidade queremos por en coñecemento de todos o veciños da contorna que dende a comunidade se están facendo labores de limpeza, poda e conservación con medios propios, dos terreos que temos no Lago de Castiñeiras. Estes terreos están cedidos a Xunta de Galicia a través dun […]