Bos dias

Este domingo 16 de Decembro de 2018 fixemos unha Asamblea Extraordinaria na Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa, a Xunta Reitora quere dar as grazas a todos os comuneiros que asistiron a dita asamblea, xa que conseguiron algo que nos da forzas para seguir traballando,  tivemos unha moi boa asistencia, xa que entre presentes e representados eramos 114, algo case histórico nos ultimos anos desta comunidade de montes, que ahora mesmo conta con 160 comuneiros.

O punto máis importante desta asamblea trataba sobre a adquisición de terreos por parte da comunidade para poder facer a cesión para a construccion dun tanatorio para Vilaboa, que foi aprovada pola maioria dos asistentes con unha unica abstención.

Tamen darlle a noraboa os que resultaron gañadores no sorteo das 5 cestas de nadal.

Recordar tamen o forte e caluroso aplauso que lle brindaron os asistentes a Xabier Miguez, a peticion de Cristina Bugarin (abogada da Comunidade) por todo o traballo que fixo na sua etapa de presidente e sobre todo por iniciar os pleitos contra Defensa pola ocupación dos terreos do monte comunal, e polos cales a Comunidade recibe  unha cuota anual, xa que o xuizo gañouse e a titularidade do monte foi para os Comuneiros, Gracias Xabier.