Limpeza e conservación do Lago de Castiñeiras
Dende esta comunidade queremos por en coñecemento de todos o veciños da contorna que dende a comunidade se están facendo labores de limpeza, poda e conservación con medios propios, dos terreos que temos no Lago de Castiñeiras.
Estes terreos están cedidos a Xunta de Galicia a través dun convenio firmado en 2001 cunha duración de 30 anos, pero esta entidade non esta cumprindo có firmado, e non esta facendo caso das reiteradas peticións que esta comunidade de montes lles ven facendo nos últimos anos.

 

Seguen sin arranxar o peche perimetral, que consideramos de vital importancia para a conservación do espazo natural, xa que nos últimos fins de semana o lago tivo una asistencia considerable, e moita xente esta metendo os coches polas pistas interiores do espazo natural.

 

 

Construcción Asador

Dende a comunidade de montes estamos construíndo un asador de 4 parrillas, para que os usuarios poida asar durante todo o ano, sen restricións no verán. Estará rematado a finais do mes de Xuño e conta con todas as autorizacións da Consellaría de medio ambiente.
Esta na mesma entrada do Lago de Castiñeiras

Cave dicir que o coste deste asador corre totalmente a cargo da Comunidade de Montes de Vilaboa, e ten un custe de 14.251€

A idea da comunidade de montes e de facer algún asadeiro mais no futuro próximo, e esperamos contar coa implicación da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra.