Aparentemente a Xunta de Galicia ven de autorizar a construcción  dos asadoiros no Monte Comunal que temos no Lago de Castiñeiras, ou eso e o que pon nesta nota de prensa.
Dende a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa non temos comunicado oficial sobre este particular, por parte da Xunta.
A verdade e que tamen nos deberia facer un par deles, como fixeron en Marin, si e verdade eso de que todos temos os mesmos dereitos. A Comunidade de Montes comprometese a facer dous grupos de 4 asadoiros a cargo das arcas da Comunidade de Montes, se a Xunta ten a ben facer outros dous asadoiros poderiamos cubrir mellor a demanda de todos os visitantes do Lago, para que mais familias poidan  asar e disfrutar desta zona de natureza e lecer.
Espero que cumplan algo do que prometen , xa que levan 16 anos estudando o convenio, polo menos que se dignen a reparar todo o peche perimetral, que esta caindo a cachos, e da unha imaxe lamentable.