Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no ximnasio do CPI do Toural o vindeiro domingo 30 de Abril de 2017 ás 9:00 horas da mañá en primeira convocatoria e ás 11:00 horas en segunda convocatoria.
ORDE DO DIA:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria do dia 8 de Maio do 2016.
- Altas e Baixas de Comuneiros e Comuneiras
- Balance de Contas do ano 2016
- Contas da comunidade dende 01-04-2016 ata o 01-04-2017
- Informe sobre a xestión realizada pola Xunta Reitora.
- Modificación das Bases para o Aluguer do Quiosco de Castiñeiras
- Autorización á Xunta Reitora para a solicitude de axudas e subvencións para o ano 2017-2018
- Autorización á Xunta Reitora para a corta de Madeira en zonas de Monte Comunal non incluídas no Proxecto de Ordeación
- Peticións dos comuneiros e comuneiras
- Rogos e preguntas.
- SORTEO
Coa intención de involucrar a mais Comuneiros co monte e fomentar que todos participen nas Asambleas, O finalaizar a Asamblea, a Comunidade de Montes fará un Sorteo dunha Motoserra STIHL Mod.MS211,
Entre os comuneiros que asistan a Asamblea do 30-04-2017. Entregarase o mesmo dia.