Dende a Xunta Reitora estamos levando a cabo uha rigurosa actualización do noso censo de Comuneiros, xa que constan uns 350 comuneiros e nas asambleas non veñen mais de 80, de media.

Esto ten dos inconvintes, que moitas veces nos falta curum nas Asembleas para poder tomar decisións e tamen ten un motivo economico polo custe de enviar as cartas e notiicacións a todos os comuneiros, para reducir o coste que supon estar enviando sempre as cartas a todos os comunieros ( sobre 350 no censo actual), creamos unha plantilla de actualización de datos de Comuneiros, coa cal entendemos que todos os que nola envien ou entreguen cuberta e que queren e pretenden seguir sendo comuneiros. Asi mesmo todos os que non a envien ou entreguen no plazo establecido, seran dados de baixa, pero poderan solicitar volver a ser dados de alta cando asi o estimen, e dicir non perden nunca o dereito a ser comuneiros pero teñen que voltar a solicitalo.

O prazo para esta actualizacion e ata o 15-03-2016

Descargar plantilla para Actualizar datos dos Comuneiros.

pdf-logo

 

Plantilla para Actualizar datos dos Comuneiros.

 

Esta plantilla nola poden remitir de varias maneiras:

  1. Facendo entrega en man desta folla de actualización debidamente cuberta a calquera un dos membros daXunta Reitora.
  2. Enviando por correo postal esta folla de actualización debidamente cuberta a dirección da Comunide deMontes Veciñais en Man Común de San Martiño de Vilaboa, con domicilio en Outeiro 14, CP36141 Vilaboa.
  3. Enviando por correo electrónico esta folla debidamente cuberta o e-mail da Comunidade montesvilaboa@gmail.com.

Os requisitos para ser comuneiros son moi sinxelos, teñen que ter vivenda habitual na parroquia de San Martiño de Vilaboa, tanto sexa propia como alugada, e teñen que residir nesta vivenda como minino 10 meses do ano, e ter unha antiguedade de 2 anos.

Hai que ter en conta que o ter unha propiedade non da dereito a ser comuneiro, senon que ten que residir nesa propiedade habitualmente.