A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa denuncia dous novos vertidos de escombro no monte comunal localizados nas últimas semanas.
Posts in category Novas
Comuneiros de Vilaboa pronúncianse unanimemente contra os macroeólicos n...
A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa adoptou, na súa Asemblea Xeral do día 18 de decembro, un acordo aprobado por unanimidade de posicionamento contra a instalación de parques eólicos no Morrazo e reclamou, no mesmo acordo, a eliminación da Área de Desenvolvemento Eólico do Morrazo como única vía para evitar a instalación de calquera parque no futuro.
A superficie de castiñeiro aumenta nun 230% nos Montes de San Martiño de...
A Comunidade de Montes reduciu nos últimos 12 anos a presencia de eucalipto nun 17%, aumentou nun 13 % o piñeiro do país e nun 230% foi incrementado o castiñeiro. Co novo proxecto de ordenación aprobado, no mapa futuro da parroquia o eucalipto descenderá até un 14% da superficie forestal, as frondosas autóctonas contarán cun 25% e dominará o piñeiro do país cun 50%.
Piano no Lago (de Marín)
Nos pasados días 27, 28 e 29 de xullo tivemos ocasión de asistir a un espectáculo dunha beleza a que non estamos acostumados, por varios motivos. Pola orixinalidade dun concerto flotante en que se mestura música de piano, voz e danza; polo palco, o escenario privilexiado imposible de reproducir no auditorios das grandes cidades: o Lago de Castiñeiras; e, como non, polo técnico de iluminación, Lourenzo, que nos obsequiou con fotografías nas horas dourada e azul.
Por un monte con futuro: concentración en Vilaboa
Con motivo da concentración convocada pola Mancomunidade de Montes en Man Común do Morrazo en rexeitamento da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia aprobada recentemente, estaremos diante do Concello de Vilaboa o próximo domingo 21 de marzo ás 12:00. Consideramos que atenta gravemente contra o monte veciñal pretendendo a súa desaparición e privatización: Quere […]
Concurso para a cesión dos terreos do Tanatorio de Vilaboa
Dende a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa estamos poñéndonos en contacto con distintas empresas do sector funerario, para presentarlles as bases do concurso para a cesión dos terreos onde se construirá o futuro tanatorio de Vilaboa. Dito terreo tería unha superficie de 4500m2 que serian destinados o edificio do tanatorio e […]
Asemblea Xeral Ordinaria 1-12-2019
Na Asemblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa celebrada o pasado Domingo dia 1 de Decembro de 2019. Con unha asistencia de 113 comuneiros, tomáronse vaias decisión importantes para a comunidade e para a Parroquia, entre elas as mais importantes son: Adquisición de varias parcelas que serán cedidas para […]