A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa levou a cabo no pasado fin de semana tarefas de conservación e plantación de novas especies no Parque do Lago de Castiñeiras.
Especies ornamentais e de valor botánico como moreiras brancas, árbores de Santo Outelo, abruñeiros ou nogueiras do xapón fan parte xa da paisaxe dun parque con vontade de xardín botánico.
Posts in category No Monte
Inversións no Monte Comunal
O Lago de Castiñeiras luce a cara con novas especies
Crónica da Xornada de Traballo
A Xornada de Traballo e Convivio Viciñal, do pasado día 4 de agosto, realizouse a pesar das condicións meteorolóxicas, pois todas as actividades foron atrasadas para a tarde.
Despois da comida en común na Casa do Lago, os dous grupos iniciaron as actividades. Mentres un grupo de 10 persoas se dirixiu á plantación de castiñeiros para realizar a poda, o outro de perto de 30 inauguraron o Roteiro das Mámoas.
Variedades tradicionais para a produción de castaña no monte de Vilaboa
A CMVMC de San Martiño de Vilaboa ven de realizar nos últimos meses os traballos de preparación e plantación de case 2,5 hectáreas de castiñeiros enxertados con variedades tradicionais para a produción de fruto. Esta plantación dedicada ao aproveitamento da castaña, contemplado no Plan de Ordenación, pretende diversificar o noso monte e complementar a produción […]
Por un monte con futuro: concentración en Vilaboa
Con motivo da concentración convocada pola Mancomunidade de Montes en Man Común do Morrazo en rexeitamento da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia aprobada recentemente, estaremos diante do Concello de Vilaboa o próximo domingo 21 de marzo ás 12:00. Consideramos que atenta gravemente contra o monte veciñal pretendendo a súa desaparición e privatización: Quere […]
Asemblea Xeral Ordinaria 1-12-2019
Na Asemblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa celebrada o pasado Domingo dia 1 de Decembro de 2019. Con unha asistencia de 113 comuneiros, tomáronse vaias decisión importantes para a comunidade e para a Parroquia, entre elas as mais importantes son: Adquisición de varias parcelas que serán cedidas para […]