A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa adoptou, na súa Asemblea Xeral do día 18 de decembro, un acordo aprobado por unanimidade de posicionamento contra a instalación de parques eólicos no Morrazo e reclamou, no mesmo acordo, a eliminación da Área de Desenvolvemento Eólico do Morrazo como única vía para evitar a instalación de calquera parque no futuro.
You are browsing archives for
Ano: 2022
Comunidade de Montes de Vilaboa Inaugura o Asador do Lago de Castiñeiras
A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa celebrou este sábado, día 10 de setembro, a inauguración dos asadores construídos no Lago de Castiñeiras.
Comuneiros dan por finalizada a última fase para a construción do Tanatorio
A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa ven de concluír a última fase dun longo proceso para a construción do Tanatorio de Vilaboa.
Rouban o valado de protección da Mámoa do Rei
A Mámoa do Rei, xunto co resto de bens patrimoniais do entorno do Lago de Castiñeiras, foi obxecto dunha actuación de conservación hai menos dun ano.
Obradoiro de iniciación ao cultivo de cogumelos
A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa organiza un curso de iniciación ao cultivo de cogumelos no sábado, 18 de xuño, ás 17h no local da Canteira de Paredes.
O obradoiro, que conta cunha parte teórica e outra práctica, será dirixido polo especialista Miguel Ángel Rodríguez Martínez e os participantes obterán as ferramentas necesarias para o cultivo de cogumelos á pequena escala.
O Lago de Castiñeiras luce a cara con novas especies
A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa levou a cabo no pasado fin de semana tarefas de conservación e plantación de novas especies no Parque do Lago de Castiñeiras.
Especies ornamentais e de valor botánico como moreiras brancas, árbores de Santo Outelo, abruñeiros ou nogueiras do xapón fan parte xa da paisaxe dun parque con vontade de xardín botánico.