Apoio a Anpa do Toural:

FONDO SOLIDARIO ANPA DO CPI TOURAL EN VILABOA

Dende a CMVMC de San Martiño de Vilaboa, seguimos colaborando coa ANPA Toural, do CPI do Toural, creemos que nestes tempos de crise hai que intentar axudar os mais desfavorecidos, polo tanto imos voltar este ano a facer unha achega economica de 1.500€ para a ANPA Toural que en colcaboracion coa Direccion do CPI do Toural e Con Servicios Sociais do Concello de Vilaboa, decidiran a que alumnos  de familias en risco de exclusión, se lles conceden as axudas.

Segun nos informa a ANPA do Toural, esta achega ten usos moi variados e necesarios:

  1. ASISTENCIA PSICOLÓXICA GRATUíTA AO ALUMNADO E FAMILIAS
  2. SUBVENCIÓN PARCIAL DO CUSTO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
  3. MATERIAL ESCOLAR
  4. SUBVENCIÓN PARCIAL DO CUSTE DE COMEDOR

Dende a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa esperemos que con estas pequena aportacion, alguns alumnos pertencentes a familias en risco de exclusión poidan disfrutar do ensino publico igual que o resto do alumnado.


Apoio a Escola de Musica de Vilaboa:

Queremos agradecer a Escola de Música de Vilaboa a cata de agradecemento  que recibimos recentemente  por parte dsesta entidade, da cal formamos parte como socio colaborador, e estamos moi orgullosos desta colaboración coa escola de música ,que recentemente se lles autorizou por parte da Xunta de Galicia, na inclusión do rexistro de Escolas de Música da Comunidade Autónoma.

Dende esta comunidade queremos indicar que seguiremos apoiando a este colectivo igual que o ano pasado con 1.000€ anuais, xa que fomenta a cultura musical entre os mais cativos da comarca.