Xa están rematados os traballos e os peches das duas parcelas da Comunidade de Montes de Vilaboa na entrada do Lago de Castiñeiras.

Estes traballos fanse por varios motivos, un deles e que hai moitos usuarios do BAR que chegan en cabalo, e prenden estes os castiñeiros e carballos que ali ten a comunidade de montes, e estes estan a sufrir por mor desto, xa que os cabalos estanos mordendo arrete abaixo e poden chegar a facer que seque estas arbores. Outro motivo e que moita xente que acude o BAR, non entra o Aparcadoiro pola sua entrada natural, senon que atravesan polo medio da nosa parcela, causando uns danos no terreo, xa que co paso continuo de vehículos vanse facendo regos e surcos que despois aproveita a auga para facer lameiras e pozas.

Outro punto importante foi tamen a retirada do formigon depositado onde estaba o antigo kiosko de Amelia, retornando asi o terreo o seu estado natural. Deixouse aberto o acceso que da para o Camiño Vello da Graña.

Tamen se aproveitou a ocasión para retirar un bó cacho de formigón que invadiu a parcela da Comunidade de Montes, cando o BAR fixo o Aparcadoiro, e tamen se reitrou un contenedor de escombros que algun desalmado enterrou na nosa parcela.

Tamen se fixo unha pequena estructura para que a xente que se achega co seu cabalo teña onde atalo, e non precise prendelo o propio peche, que podría sufrir desperfectos.