cabeceira_novas-asamblea

Onte Domingo 14-12-2014 tivo lugar no Colexio Publico Toural de Vilaboa a Asamblea Xeral Ordinaria da CMVMC de San Martiño de Vilaboa.

A asistencia foi de 8 menbros da Xunta Rectora e 45 comuneiros/as

Nesta asablea Acordouse que a CMVMC de San Martiño de Vilaboa formara parte da Fundación Lago de Castiñeiras – Cotorredondo, e asi mesmo a cesión dos terreos que van a estar xestionados por dita fundación, a votación foi 50 votos a favor e 3 abstencions.

A Fundación estará formada polas catro comunidades de Montes, Santo Tome de Piñeiro, San Xulian, Santa Cristina de Cobres e San Mariño de Vilabnoa. Santa Cristina xa someteu este punto a votacion e tamen saiu a diante por maioiria, ahora falta coñecer o resultado en Santo Tome(Asamblea o 14-12-2014) e en San Xulian(Asamblea o 21-12-2014).

 

Ente outas cousas que se falaron cabe destacar:

A próxima colocación por parte da Xunta Rectora dos carteis para intentar reducir os vertedoiros incontrolados.

carteis monte

A necesidade de que os veciños que linden coas parcelas que a comunidade pretende cortar a madeira que se poñan en contacto con nos antes do mes de marzo, para intenatar esclarecer os lindes entre os propietarios e a comunidade de montes (Ver artigo).