A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa ven de concluír a última fase dun longo proceso para a construción do Tanatorio de Vilaboa.

A sinatura do dereito de superficie entre a Comunidade e a empresa Sepelios San Marcos foi presentada ante os comuneiros na Asemblea Xeral realizada no pasado domingo, día 17 de xullo.

Despois dun longo proceso, foi este o último trámite por parte da Comunidade de Montes e, a partir de agora, a xestión para a construción do tanatorio dependerá da empresa adxudicataria, que espera iniciar os traballos nos próximos meses.

Na referida asemblea, tamén se deron conta dos traballos forestais realizados, das melloras no entorno do Lago de Castiñeiras e da legalización definitiva por parte do Concello do asador homologado do Lago para o seu uso no verán, cando o IRDI non figure con nivel extremo.

A xornada tamén contou con eleccións á Xunta Reitora, aprobándose a continuidade dos membros da anterior lexislatura e sumando con novas incorporacións, que quedou constituída por José Luis López (presidente), Agustín de Valle (vicepresidente), Bruno Ruival (secretario), Ana del Valle (vicesecretaria), Antonio Hermida (tesoureiro), Martín Torres (contador), David Suárez e Jorge Pintos (vogais).