Skip to main content
Solicitudes e Tramites

Podes realizar online todos os tramites coa Comunidade de Montes

O Monte Ordenado

Coñece o Plan de Ordenación do Monte que esta a seguir a tua Comunidade

Contacta Connosco

Ponte en contacto coa Xunta Rectora da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa

Obradoiro de iniciación ao cultivo de cogumelos

A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa organiza un curso de iniciación ao cultivo de cogumelos no sábado, 18 de xuño, ás 17h no local da Canteira de Paredes.

O obradoiro, que conta cunha parte teórica e outra práctica, será dirixido polo especialista Miguel Ángel Rodríguez Martínez e os participantes obterán as ferramentas necesarias para o cultivo de cogumelos á pequena escala.

O Lago de Castiñeiras luce a cara con novas especies

A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa levou a cabo no pasado fin de semana tarefas de conservación e plantación de novas especies no Parque do Lago de Castiñeiras.
Especies ornamentais e de valor botánico como moreiras brancas, árbores de Santo Outelo, abruñeiros ou nogueiras do xapón fan parte xa da paisaxe dun parque con vontade de xardín botánico.

A superficie de castiñeiro aumenta nun 230% nos Montes de San Martiño de Vi

A Comunidade de Montes reduciu nos últimos 12 anos a presencia de eucalipto nun 17%, aumentou nun 13 % o piñeiro do país e nun 230% foi incrementado o castiñeiro. Co novo proxecto de ordenación aprobado, no mapa futuro da parroquia o eucalipto descenderá até un 14% da superficie forestal, as frondosas autóctonas contarán cun 25% e dominará o piñeiro do país cun 50%.

Crónica da Xornada de Traballo

miradoiro da taoira

A Xornada de Traballo e Convivio Viciñal, do pasado día 4 de agosto, realizouse a pesar das condicións meteorolóxicas, pois todas as actividades foron atrasadas para a tarde.

Despois da comida en común na Casa do Lago, os dous grupos iniciaron as actividades. Mentres un grupo de 10 persoas se dirixiu á plantación de castiñeiros para realizar a poda, o outro de perto de 30 inauguraron o Roteiro das Mámoas.

Piano no Lago (de Marín)

piano no lago

Nos pasados días 27, 28 e 29 de xullo tivemos ocasión de asistir a un espectáculo dunha beleza a que non estamos acostumados, por varios motivos. Pola orixinalidade dun concerto flotante en que se mestura música de piano, voz e danza; polo palco, o escenario privilexiado imposible de reproducir no auditorios das grandes cidades: o Lago de Castiñeiras; e, como non, polo técnico de iluminación, Lourenzo, que nos obsequiou con fotografías nas horas dourada e azul.

Variedades tradicionais para a produción de castaña no monte de Vilaboa

imaxe plantacion

A CMVMC de San Martiño de Vilaboa ven de realizar nos últimos meses os traballos de preparación e plantación de case 2,5 hectáreas de castiñeiros enxertados con variedades tradicionais para a produción de fruto. Esta plantación dedicada ao aproveitamento da castaña, contemplado no Plan de Ordenación, pretende diversificar o noso monte e complementar a produción […]